Friday 19 de April de 2024

Política Social participa na primeira Gala Solidaria Curemos o Párkinson


O obxectivo é promover, divulgar e sensibilizar á sociedade ao respecto desta doenza que afecta a 160.000 persoas no conxunto de España

A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, asistiu este serán en nome da Xunta de Galicia á I Gala solidaria curemos o párkinson. Este evento contou coa presenza de representantes do sector médico, institucións públicas e empresas galegas e nacionais que colaboran coa Fundación Española de Axuda á Investigación en Párkinson, organizadora da gala.

O acto serviu para dar a coñecer os proxectos que a devandita fundación está a promover, divulgar e sensibilizar á sociedade coa enfermidade e recadar fondos para a investigación co fin de axudar ás máis de 160.000 persoas afectadas por esta patoloxía no conxunto de España.

Durante a gala tamén fixo entrega de diferentes recoñecementos no ámbito da investigación científica, ao mellor proxecto social en atención a pacientes e coidadores, ao emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación en relación ao párkinson, á empresa solidaria e á maior labor de difusión.